Os gandeiros chaman a boicotear Lactalis
Dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo pídenlle aos consumidores que non compren os productos do grupo francés, con marcas como Puleva ou Président, despois de que este se negara a aumentar o prezo que paga polo leite.
A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo de Galicia chamou este xoves aos consumidores a deixar de comprar os productos do grupo francés Lactalis, propietario de marcas tan recoñecidas como Président, Puleva ou Gran Capitán.
Realizan este chamamento ao boicot despois de manter unha reunión cos representantes da empresa, na que sostén que lles foi confirmado que non lles trasladarán a suba de dous prezos por litro de leite pactada coas distribuidoras durante os últimos meses.
Falan dunha "estafa evidente" e tachan a Lactalis de mentirosa, xa que afirman dispoñer de documentos que acreditan que as distribuidoras teñen cumprido coa súa parte.
Por iso chaman aos consumidores a deixar de mercar as marcas elaboradas por Lactalis para non "ser cómplices da apropiación ilegal e inmoral da rendas das familias que están ao fronte das explotacións gandeiras".
Ademais, anuncian medidas de presión que se porán de inmediato en funcionamento e irán incrementando a súa dureza. Non descartan un bloqueo das plantas de envasado Lactalis en Galicia así como o sinalamento do seus produtos nos lineais dos supermercados.
Escribe tu comentario