Feijóo xustifica a prórroga de ENCE
O presidente da Xunta asegura que non lle gusta o emprazamento de ENCE na Ría de Pontevedra, pero defende a prórroga da concesión argumentando que "a alternativa era o paro"
O presidente da Xunta xustificou este xoves a prórroga da concesión para ENCE, que vincula á pasteira coa Ría de Pontevedra ata 2073, ofrecendo como argumento os postos de traballo que se perderían se pechase.
Alberto Núñez Feijóo asegurou que "como galego non me gusta o emprazamento de ENCE, en ningún caso", ten claro que "preferiría outro lugar" para a fábrica dentro de Galicia.
Sostén que o seu Goberno intentou buscar unha alternativa, pero que na situación actual a única opción era "pechar ENCE e ampliar Navia en Asturias", a única alternativa á prórroga era "o paro na cidade con máis paro de Galicia".
Por iso afirma que se como galego tamén se posiciona "a favor do emprego", dos centos de persoas que traballan para ENCE e das miles de familias que lle están vendendo madeira.
Avisa, iso sí, de que estarán moi atentos ao cumprimento dos compromisos da empresa, que segundo dixo ten "agora máis que nunca unha débeda con Pontevedra e con Galicia".
Escribe tu comentario