#Claves de la semana
XXXIV EDICIÓN DO PREMIO DE NOVELA "EDUARDO BLANCO-AMOR"

Máis de corenta orixinais compiten no Premio de novela “Blanco Amor”


|

BLANCOAMORgp

Máis de corenta novelas veñen de presentarse á XXXIV edición do premio de novela longa “Eduardo Blanco-Amor”. O 

premio, que organiza a Deputación de Ourense, está dotado con 12.000€ e amosa o compromiso da institución provincial coa difusión e posta en valor da figura de Blanco-Amor, o autor que inmortalizou Auria na súa obra.


No pasado ano 2014, cando se cumprían 35 anos do pasamento de Blanco-Amor, a Deputación asumiu o compromiso de exaltar a figura deste autor, un dos persoeiros clave non só da literatura galega senón universal, polo que, entre outras accións, decidiuse asumir a organización deste premio literario, e a creación dunha fundación co nome do escritor para a difusión e valorización da súa obra.


O premio de novela longa “Eduardo Blanco-Amor”, que se creou coma iniciativa do Concello de Redondela no ano 1981 e que, nesta ocasión, está organizado pola Deputación de Ourense, agasallará ao autor da obra premiada, ademais de coa cantidade de 12.000€, cunha obra que o escultor ourensán Acisclo Manzano preparou para este premio.


O xurado encargado de fallar o premio está composto polos escritores, Luis González Tosar e Bieito Iglesias, a profesora Malores Villanueva e os críticos literarios Armando Requeixo e Francisco Martínez Bouzas, e reunirase, tal e como sinalan as bases da convocatoria deste certame, o día 27 de novembro, data na que se fará público perante os medios de comunicación o veredicto do xurado.


A entrega do premio levarase a cabo nun acto literario que se celebrará o día 1 de decembro, data na que se cumpren 36 anos do pasamento do autor, no que será unha xornada “blancoamoriana” que comezará coa clásica ofrenda floral diante da campa de Blanco-Amor organizada polo centro Pen de Galicia, e culminará coa entrega do premio.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE