#Claves de la semana
BASEADA NO LIBRO DE CARLOS CASARES

'Vento Ferido' exhibirase en varias localidades galegas tras a súa presentación en Pontevedra

A miniserie 'Vento ferido', baseada no libro homónimo do escritor ourensano Carlos Casares, proxectarase a partir deste mes de setembro en varias localidades galegas como Ourense, Vigo, O Carballiño ou Celanova. 



|

A miniserie 'Vento ferido', baseada no libro homónimo do escritor ourensano Carlos Casares, proxectarase a partir deste mes de setembro en varias localidades galegas como Ourense, Vigo, O Carballiño ou Celanova. Ademais, o produtor executivo desta obra audiovisual, Paulino Pérez, non descarta presentala nalgún festival audiovisual.

Equipo reponsable do film Vento Ferido


Con motivo da súa presentación na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, en Pontevedra, de onde proceden as 16 persoas que conforman o equipo técnico, Paulino Pérez, que tamén é profesor deste centro académico, mostrouse "orgulloso do traballo" dos alumnos e alumnas que participaron nesta iniciativa.

Hâkan Casares, Vicepresidente da Fundación Carlos Casares


'Vento ferido' enmárcase no curso de Medios Audiovisuais que se celebra dende hai 12 anos en Celanova, co apoio da Fundación Carlos Casares, Agadic, o concello de Celanova e a Universidade de Vigo, Diputción de Ourense, entre outros. Consta de tres capítulos e, en formato mediometraje, ten unha duración de 32 minutos. 

Paulino Pérez reivindicou: "Valor do noso". Así, confiou en que a partir das propostas que xurdan do Curso de Medios Audiovisuais "algún día chegue a saír algún director interesante".


HOMENAXE A CASARES


Por primeira vez dende o seu posta en marcha hai seis anos, o taller

'Celanova, estudo de gravación de ficción', que dirixe o propio Paulino Pérez, elixiu unha obra de Carlos Casares para facerlle unha "homenaxe" ao autor.

De tal forma, as próximas proxeccións de "Vento ferido" complementaranse con charlas sobre o legado literario de Casares e a súa vinculación co medio audiovisual, auspiciadas pola Fundación que leva o seu nome.

Ademais de estar dispoñible en Internet a finais de ano, Pérez non descarta que 'Vento ferido' chegue tamén aos institutos de toda Galicia a través do servizo de normalización lingüística da Universidade de Vigo, como material de visionado e aprendizaxe nas aulas.

Con dirección de Miguel Grandío e produción de Sara Varela, 'Vento ferido' contou con cinco actores e actrices da Escola de Arte Dramática de Galicia interpretando os personaxes deste libro de "ambiente xuvenil", que trata sobre o regreso dun novo ao seu pobo natal.

A rodaxe transcorreu integramente en Celanova e tivo un presuposto "low-cost", segundo Paulino Pérez, de 3.500 euros: "Ninguén cobrou pero ninguén puxo diñeiro do seu peto", explicou o produtor executivo, que vinculou esta experiencia á formación dos estudantes de Ciencias Sociais interesados en canalizar a súa traxectoria profesional cara ao terreo audiovisual. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE