#Claves de la semana
A MARIÑA, A CORUÑA

O Concello da Coruña lémbralle á Autoridade Portuaria que atenderá aos seus compromisos económicos na Mariña “cando esta cumpra as súas obrigas legais”

O concelleiro Xiao Varela salienta que o Porto non axunta ningunha documentación que xustifique a ausencia de autorización municipal


|

A Coruña,­ O concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, asegurou que o Goberno municipal cumprirá cos seus compromisos respecto ás obras da Mariña, tamén os económicos, cando asuma os seus a Autoridade Portuaria (AP), por exemplo solicitar os trámites e autorizacións legais para a execución das obras. “Ben sabe e coñece a Autoridade Portuaria que o Goberno municipal non discute, nin discutiu en ningún momento, que as obras de infraestrutura portuaria executadas en dominio público portuario están exentas de licencia. Pero ben sabe a Autoridade Portuaria tamén que a exención de licenza ou autorización municipal só se refire ás obras en dominio público portuario, pero non a aquelas que, como é o caso, son bens patrimoniais e deixaron de ser dominio público portuario en 1999 e non albergan usos portuarios”, sinala o responsable municipal, que lle volve a recordar ao Porto que estas si están suxeitas a licenza ou autorización municipal. Tamén, o Goberno municipal lémbralle ao ente portuario que as discrepancias existentes sobre algunha das contías reclamadas serán obxecto de análise na Comisión de seguimento que terá lugar o vindeiro martes, por petición do Concello. 


Varela tamén amosa a súa sorpresa por que a Autoridade Portuaria se remita á Avogacía do Estado para xustificar a falta de autorización municipal pero non faga constar informe desta última ao respecto e tampouco invoque un só precepto legal que ampare a suposta exención de licenza en terreos que non forman parte do dominio público portuario. “A Autoridade Portuaria e o seu presidente parecen descoñecer a lexislación portuaria”, observa o concelleiro de Rexeneración Urbana. Como lembra, a Autoridade Portuaria tampouco menciona no seu informe ningún acordo ou resolución municipal polo que se autorice o proxecto de obras ordinarias de urbanización redactado polo arquitecto Luis Collarte e que foi o licitado e executado pola Autoridade Portuaria. “E dito proxecto non se axuntou a ningún convenio ou adenda”, engade Varela, que tamén lle reitera á Autoridade Portuaria “que non hai ningún convenio ou acto administrativo no que figure que o Concello actúa en condición de co­promotor das obras de urbanización das obras da Mariña”.


Por último o Goberno municipal faille notar ao ente portuario que o expediente informativo aberto polo Concello foi consecuencia dunha denuncia urbanística e a actuación “é independente da identidade da persoa que a formula”. Que non busque o señor Losada conspiracións ou manobras absurdas”, recoméndalle o concelleiro de Rexeneración Urbana ao presidente do Porto coruñés. “Este Goberno local seguirá falando claro e con total honestidade coa AP, como fixo nas xuntanzas que tivo ata agora, na procura do máis estrito respecto á legalidade e co obxectivo de recuperar os terreos para o Concello e a cidadanía, abandonando vellas fórmulas á vez que abrindo canles de participación para unha zona moi importante da cidade que queremos que sexa propiedade da xente, non de intereses partidistas”, concluíu.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE