Anda a sociedade no seu conxunto bailándolle a auga á incerteza e a unha nova convocatoria electoral. Os que máis o tentan son, curiosamente, os que máis deberían manter a calma e falar de diálogo permanente. Refírome a empresarios e altos executivos das grandes empresas, que senten a necesidade imperiosA de contarlles aos seus interlocutores que o que dixeron as urnas hai que repetilo de novo en marzo, porque se non este país camiña cara aos camiños da Grecia de Syriza, que polo que se puido comprobar, non é bo nin desexable.