Acabou o Congreso do PSC. Os seus organizadores están satisfeitos. Aprobaron a elección en primarias do seu primeiro secretario por unanimidade! Tanto poñer en solfa o das votacións á búlgara, e agora resulta que o inimitable Todor Zhicov é un pobre pipiolo á beira dos xerarcas do PSC. Polo demais, o máis interesante deste Congreso está ao meu modesto entender, no contido dalgúns relatorios, por exemplo a de Víctor Francos sobre Federalismo, unha palabra que a este xornalista sóalle fantástica desde hai varios anos.