Hai cousas que teñen sentido e outras, en cambio, son absurdas. Por exemplo: a proposta dunha voz unida, que non única, en torno ao corredor mediterráneo, que é un proxecto sensato e sustentable no tempo.
Lemos estes días nos medios que o Senado do Brasil aparta do goberno á presidenta Dilma Roussef. E o primeiro que nos preguntamos é se iso sería posible en España. E resulta que non o sería pois, para empezar, o noso prescindible Senado non ten esa función (nin ningunha apreciable).