​Descentralizar

Manuel Fernando González Iglesias

Descentralizaropinionmanuelfernando


Hai cousas que teñen sentido e outras, en cambio, son absurdas. Por exemplo: a proposta dunha voz unida, que non única, en torno ao corredor mediterráneo, que é un proxecto sensato e sustentable no tempo. Unha obra, que xa debería estar acabada e que, con todo estase dilatando innecesariamente no tempo. Todos sabemos que por ese corredor pode viaxar a maior parte do noso comercio exterior e que beneficia a varias comunidades do Estado, aínda que algúns en Madrid tenten vender que é unha "cousa dos cataláns". Non é así aínda que tamén o sexa, e afírmoo desde a parte galega da miña persoa, para quede claro.


O corredor mediterráneo xa debería estar operativo desde fai varios lustros, como o ancho de vía europeo en todo o Estado, ou o ave transversal que sen pasar pola capital do reino cruce a península dando vida a quen tamén teñen que abrirse a Europa, ou ese eixo ferroviario galego-portugués que nos una definitivamente nos intereses comerciais comúns, que comeza con acabar, dunha vez, as obras de entrada do Ave en Galicia.


Deseñar un Estado no que nun só punto conflúan as comunicacións, as fábricas e por suposto o diñeiro e os intereses políticos é absurdo e moi daniño para o ben común de todos os españois. Descentralizar é o verbo máxico que, cada vez que se pronuncia, levanta bochas en Madrid. Pero, o certo, é que mellor nos iría se o Senado estivese en Valencia, o Tribunal Supremo en Sevilla e a sede dalgún organismo europeo ao que temos dereito, en Barcelona ou en Bilbao. Sería todo máis equilibrado, porque a todos nos tocaría dar o mellor de nós mesmos, xa que nos veriamos obrigados a depender os uns dos outros e non do capricho do Goberno de quenda correspondente.


E xa que chegamos tarde a esa cita coa historia, vaiamos acabando o que xa se empezou e que é bo para todos. Acabemos o corredor mediterráneo e fagámolo reivindicándoo cunha soa voz e ao unísono. E así todo o demais.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE