#Claves de la semana

​A Xunta convocará en 2017 un mínimo de 3.000 prazas de emprego público

O número de prazas podería aumentar se o Estado habilita ás comunidades para aumentar a taxa de reposición


|

Opositores 1


O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, ratificou este luns que o "obxectivo" da Xunta para o ano 2017 é o de convocar unha oferta de emprego público cun mínimo dunhas 3.000 prazas para reforzar os servizos públicos, nas áreas de sanidade, educación e servizos sociais.


No pleno do debate de totalidade dos orzamentos galegos para 2017, o conselleiro subliñou que o obxectivo de 3.000 prazas é unha previsión "prudente", xa que o número de prazas podería aumentar se o Estado habilita ás comunidades para aumentar a taxa de reposición


"Reforzaremos a dependencia, o gasto farmacéutico e a Renda de Integración Social de Galicia (Risga)", sentenciou Martínez, quen defendeu ao arranque do pleno unhas contas que esgotan o teito de gasto, de forma que crece un 2,9% respecto ao de 2016, ata 9.063 millóns de euros (259 máis).


Dos 9.063 millóns de gasto, 9.045 millóns son non financeiros, aos que se suman 18 millóns en novos instrumentos financeiros con cargo a fondos Feder europeos, para financiar pemes e gasto en I+D+i.


No escenario macroeconómico "de recuperación" no que se inscriben as contas, as previsións da Xunta tradúcense nun crecemento do PIB do 2,4% en 2017 e deixar a taxa de paro no 15,6%. Martínez subliñou que se trata dunhas previsións "moi prudentes", que poderían ser superadas, como ocorreu en 2015 e 2016.


"MELLOR MOMENTO ECONÓMICO" DOS ÚLTIMOS 8 ANOS


O conselleiro subliñou que Galicia está "no seu mellor momento económico" do últimos oito anos, xa que o PIB galego crece a un ritmo anual do 3,3 por cento --máis que a economía española-- e os principais indicadores macroeconómicos mostran unha evolución positiva.


Con todo, incidiu en que "non están superadas todas as dificultades" e incidiu na importancia das primeiras contas dunha lexislatura que debe consolidar "a recuperación universal". Neste sentido, manifestou que a Xunta aspira a "consolidar o crecemento económico" e ha trasladar a recuperación a todos os fogares cun "modelo propio".


CREAR EMPREGOS E OUTROS OBXECTIVOS


Con tal fin, Martínez explicou que os orzamentos da Xunta apostan pola mellora do mercado laboral e a creación de emprego, co obxectivo de profundar no plan estratéxico da comunidade ata 2020 e seguir reducindo o paro. As contas aspiran tamén á "consolidación da maior rebaixa fiscal da historia da autonomía".


Así, inclúen novas baixadas de impostos, centradas no ámbito rural e coa "prioridade de fixar poboación", á vez que "reducen o déficit, aumentan os investimentos e reforzan o gasto social".


"Temos moito feito, pero resta moito por facer", subliñou o conselleiro, quen lembrou que, entre as novidades das contas, inclúese a continuación do pago do complemento específico nas pagas extras ao conxunto dos empregados públicos da Administración galega.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE