Fondo Galego doa 8.000 euros a un municipio ecuatoriano afectado por un sismo
Este diñeiro está destinado á "adquisición, instalación e configuración" do material informático perdido tras o terremoto.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade achegou 8.000 euros para a reposición dos sistemas informáticos da casa do Concello do municipo ecuatoriano de Jama, afectado polo terremoto de 7,8 graos rexistrado no país latino en abril deste ano.
A causa do sismo --que causou máis de 23.000 mortos, 27 deles en Jama--, o 85 por cento dos edificios desta localidade quedaron inutilizables, entre eles a Casa Consistorial.
Segundo informou este xoves o Fondo Galego, integrado por 88 concellos galegos e as deputacións de Lugo e A Coruña; esta entidade doou 8.000 euros para a "adquisición, instalación e configuración" do material informático perdido tras o sismo.
Ademais de Fondo Galego, na iniciativa tamén participou o Fons Catalá de Cooperació ao Desenvolupament con 2.000 euros e a Asociación Latinoamericana para a Integración dos Inmigrante (ALII).
A localidade de Jama, situada na provincia de Manabí, foi a segunda cidade máis afectada polo terremoto do pasado 16 de abril e atópase a pouco máis de 50 quilómetros do epicentro do sismo.
Escribe tu comentario