#Claves de la semana

​Exteriores confirma que un cooperante español está "retido" en Afganistán

Trataríase dun traballador da Cruz Vermella Española, segundo informou a propia organización e confirmaron fontes diplomáticas. 


|

Cruzroja 1

Un cooperante español que traballa para o Comité Internacional de Cruz Vermella (CICR) foi obxecto dunha "retención" en Afganistán, segundo confirmaron fontes diplomáticas, que non quixeron dar máis detalles para non prexudicar ao afectado.


O Comité Internacional de Cruz Vermella (CICR) informou este luns de que un dos seus traballadores fora secuestrado, nun comunicado no que reclamaba a súa pronta liberación "san e salvo".


"Estamos extremadamente preocupados pola seguridade do noso compañeiro. Facemos o máximo posible para descubrir o que pasou e para asegurar canto antes a súa liberación segura", dixo pola responsable da delegación do CICR en Afganistán, Monica Zanarelli. 


Segundo esta organización, o incidente produciuse sobre as 11.00 (hora local), cando homes armados atacaron ao persoal do CICR que se dirixía en dous vehículos desde a localidade de Mazar-e-Sharif ata Cabul. Un dos cooperantes foi secuestrado, mentres que os outros puideron fuxir.


A directora do CICR para Afganistán, Monica Zanarelli, dixo que a organización está en contacto "con varias autoridades" para conseguir a liberación e que a familia do cooperante está informada.


Os secuestros son comúns en Afganistán e os empregados de organizacións humanitarias son a miúdo obxectivo deste tipo de accións, en moitos ocasións destinadas a obter un rescate.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE