​O pobo que esquece a súa historia

Manuel Fernando González Iglesias

Constitucion espana


A Constitución volveu ser noticia a través do Presidente de Goberno, que se volveu atascar nas súas dúbidas sobre o que, cando, como e por que do novo texto, que el presume que "non esconde nada bo" para a convivencia dos españois. O recente fracaso do primeiro ministro italiano Matteo Renzi e a lea no que están metidos os ingleses co seu Brexit, asustou aos políticos de media Europa, que non queren xogarse a súa carreira, porque a algún dos seus compañeiros se lles ocorrese que hai que convocar á xente para cambiar todo aquilo que non lles gusta.


A vella Democracia europea cansou tanto aos seus concidadáns cos seus vaivéns durante a crise, que se a xente non percibe claramente que o 'Estado do benestar' recuperou fol, vai resultar moi difícil convencelos de que a mellor maneira de resolver os seus problemas non pasa por radicalizar as súas posicións persoais, sumándose a algúns dos movementos populistas da extrema dereita ou a da esquerda, que o único que buscan é derruir as actuais institucións comunitarias e tras logralo crear unha nova Europa fragmentada e por tanto débil.


No noso país, agora máis que nunca, é moi difícil poñer de acordo ás actuais formacións políticas para modificar, aínda que só sexa unha coma, o actual texto constitucional. Os nosos políticos e a propia Monarquía perderon tanto o tempo mirándose o embigo e sobre todo, observándose con receo, que xa non hai consenso posible, nin valor para conseguilo.


Por iso Rajoy que é por natureza conservador e mesmo indolente, mostrouse, no día da Constitución, reticente a contemplar a posibilidade de iniciar conversacións coa oposición que sabe está moi dividida e desde logo, pouco disposta a representar o papel xeneroso e valente que na Transición souberon asumir a UCD de Adolfo Suarez, o PSOE de Felipe e Guerra, o PSP de Tierno Galván, a Convergencia de Pujol e Trias Fargas, a AP de Manuel Fraga e sobre todo o Partido Comunista de Carrillo e a Pasionaria, e por suposto, aínda que sexan poucos os que queiran recoñecelo, quen se autoliquidaron sendo procuradores das cortes franquistas. 


Hoxe esa xenerosidade é moi difícil de atopala, porque xa hai demasiados cidadáns que pensan que a Democracia nos veu do ceo e que o que agora se pode dicir ou facer gañáronllo algúns co seu pico de ouro ou a súa moi sobresaliente habilidade para manexar as redes sociais. E a verdade só é unha: O pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE