O filme 'María (y los demás)' estréase este luns na Coruña
Está ambientado e rodado integramente en Galicia con equipo técnico galego e unha nutrida representación de actrices e actores da comunidade.
O teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este luns, día 5 de decembro, a preestrea (aberta ao público en xeral) da película 'María (y los demás)', dirixida por Nely Reguera e protagonizada por Bárbara Lennie.
O filme, da produtora galega Frida Films, está ambientado e rodado integramente en Galicia con equipo técnico galego e unha nutrida representación de actrices e actores da Comunidade. Ademais, competiu na pasada edición do Festival Internacional de San Sebastián.
A película conta a historia de María, unha muller que coida a seu pai e irmáns desde a morte da súa nai. Responsable e controladora, sempre foi o alicerce da familia e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se desmorona. Chegou o momento de atreverse a vivir a súa propia vida.
Este é a formulación de María (y los demás), a cuarta produción da produtora galega Frida Films que o mércores, día 7, estrearase nas salas de cinema españolas.
Escribe tu comentario