Fernández Lores: "O BNG está a recuperar o camiño de forma espectacular"
O alcalde de Pontevedra advertiu ademais un cambio de actitude no PP tras "sete anos de falta de respecto institucional".
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, asegurou este xoves que o BNG está "a recuperar o camiño de forma espectacular", á vez que lembrou que a formación "segue sendo necesaria en Galicia".
Nunha entrevista na Radio Galega, o nacionalista advertiu ademais un cambio de actitude no PP tras "sete anos de falta de respecto institucional". "Penso que o PP aprendeu a lección e que os cidadáns perciben cando hai vontade de diálogo", asegurou.
En clave local, o rexedor de Pontevedra puxo a mirada sobre a aprobación dos orzamentos da cidade, asegurando que o BNG recolleu as propostas dos outros partidos pero que non entende que o PSOE "poña 43 condicións previas para sentar a negociar".
"Todas as forzas dixeron que ían facilitar a gobernabilidade e a min con que unha se absteña xa me vale. Os orzamentos, na miña opinión, son espléndidos", dixo Fernández Lores.
Escribe tu comentario