#Claves de la semana

Piden 10 anos de inhabilitación para o exalcalde do Porriño por adxudicar contratos 'a dedo'

A Fiscalía responsabilízao de adxudicar contratos irregularmente a varias empresas, ás que se pagaron máis de 1,6 millóns de euros. 


|

NelsonOPorrioalcalde

A Fiscalía solicita unha pena de 10 anos de inhabilitación para o exalcalde do Porriño, Nelson Santos (PP) e para un exedil popular, José Manuel Jacobo, quen foi responsable de contratación neste municipio, como presuntos autores dun delito de prevaricación continuada, ao adxudicar irregularmente varios contratos a empresas cuxos responsables tiñan algunha relación familiar ou de afinidade con estes cargos públicos.


Segundo o escrito de acusación, ao que tivo acceso Europa Press, a Fiscalía responsabiliza aos dous políticos de adxudicar contratos de forma directa, sen licitación e sen seguir os procedementos administrativos pertinentes, a varias empresas para a realización de servizos como limpeza, recollida de residuos, actividades deportivas e de lecer, servizos eléctricos ou labores de saneamento.


Nese escrito, figuran centenares de facturas abonadas a estas empresas, por un valor que, en total, supera os 1,6 millóns de euros, e que foron tramitadas a pesar de que, en practicamente todos os casos, existían reparos da Intervención Municipal. Neses procedementos, o alcalde levantaba automaticamente o reparo para que se abonasen as facturas.


Nalgunhas ocasións, as facturas non podía ser satisfeitas no ano correspondente, co que o goberno municipal aprobaba modificacións de crédito no exercicio seguinte, alegando que non podían deixar de pagar eses gastos "urxentes" para evitar un enriquecemento ilícito da administración, e obviando, segundo expón o Fiscal, que a Intervención Municipal "levaba anos" advertindo "cada mes" das irregularidades.


O Ministerio Público deixa constancia de que os beneficiarios desas adxudicacións foron Ana María G.F., exesposa dun amigo de José Manuel Jacobo; a empresa Limantra, xestionada por un compañeiro de Nelson Santos, no partido Ciudadanos por Porriño; a empresa Lincoporriño; e a empresa Abelmar.


CAUSAS PENDENTES


Esta causa deriva da chamada Operación Multiusos (é unha peza separada), que foi declarada complexa e segue en fase de instrución, e na que están a ser investigados, ademais do exalcalde, o propio José Manuel Jacobo, o concelleiro Manuel Alejandro Lorenzo, un exfuncionario do INEM, e tres empresarios vinculados ás firmas IMPI e Mecánica Rocha.


Os delitos que se investigan neste procedemento, que se iniciou para esclarecer supostas contratacións de persoal 'a dedo' e outras irregularidades, son malversación de caudais públicos, suborno, tráfico de influencias e delito contra os dereitos dos traballadores, entre outros.


Así mesmo, o exalcalde Nelson Santos está pendente doutra causa xudicial, relativa á suposta retirada de multas de tráfico a cidadáns, utilizando para iso datos dun camioneiro de nacionalidade portuguesa sen que este o soubese. Esta causa, na que tamén se investiga ao antigo xefe da Policía Local, tamén foi declarada complexa e segue en fase de instrución.


RETIRADA DO PSOE


O grupo municipal do PSOE no Porriño acudiu no procedemento xudicial da chamada Operación Multiusos coa finalidade de "ter información" acerca da investigación. Dado que a Fiscalía formulou xa escrito de acusación na peza separada, e mantense a investigación na peza principal, os socialistas retiraranse da causa, segundo confirmou Eva García de la Torre. A rexedora tamén explicou que o Concello está acudido no procedemento pola suposta retirada de multas.


Con respecto á acusación da Fiscalía e á petición dos 10 anos de inhabilitación, a rexedora avogou por "deixar traballar" ao xulgado e ao ministerio público, aínda que desexou "a mellor das sortes" ao seu compañeiro de Corporación e antecesor no cargo.

relacionada Frigolouro asegura a sus empleados que mantendrá la actividad en O Porriño
relacionada Mobilización no centro do Porriño polo soterramento das vías do tren
relacionada ​Condenan a ex alcaldesa de Melide por prevaricación e falsidade documental
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE