Á vista as localidades anegadas de Ribó e A Hermida
O baixo nivel do encoro de Belesar deixa á vista as aldeas perdidas do Miño.
Televinte Chantada vén de publicar un vídeo no que recolle imaxes do baixo caudal do encoro de Belesar, en concreto no concello de Taboada, que deixou á vista aldeas perdidas do Miño, que quedaran anegadas polas augas, tales coma A Hermida ou Ribó. O tempo de outono primaveral, coa chegada tardía das choivas, fixo que o encoro baixase de capacidade, ata o 23,6% como informa Televinte Chantada --156 hectómetros cúbicos dos 655 de capacidade máxima--.
O que queda destas aldeas convida a imaxinar como eran antes de 1960. A historia completa sobre o segundo encoro máis grande de Europa cóntase no documental Asulagados.
Escribe tu comentario