#Claves de la semana

O programa de vivendas baleiras da Xunta segue sen beneficiarios

Xa son máis de 20 os concellos adheridos, o primeiro en facelo foi o de Ourense. 


|

Ethelvazquez


O programa de vivendas baleiras da Xunta segue sen beneficiarios aínda que xa son máis de 20 os concellos adheridos, segundo destacou este mércores a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.


O primeiro deles en adherirse foi Ourense, e "xa realizou os trámites correspondentes", polo que está "a piques de publicarse a orde".


Segundo explicou a conselleira a preguntas dos xornalistas, a comisión constituída entre o municipio ourensán e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) xa acordou "os criterios para identificar os inmobles e as familias".


"Xa se chegou a un acordo e publicarase nos próximos días no boletín oficial da provincia para que xa de forma inmediata se poña en funcionamento coas primeiras familias", asegurou.


En agosto, eran 18 as adhesións formalizadas e a Xunta fixou para setembro e na cidade de Ourense os primeiros resultados do programa, que se desenvolve ao amparo dun convenio coa federación galega de municipios e provincias (Fegamp). Este acordo foi autorizado polo Consello en abril e ambas as partes asinárono en maio.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE