Cristian Toro negocia para conseguir patrocinadores
O padexeiro, único deportista galego que conseguiu un ouro en Río, recibe hoxe a Medalla ao Mérito Deportivo.
Cristian Toro prepara a próximas competicións. //Foto: @TORO_CT7
O padexeiro galego Cristian Toro recibe hoxe a Medalla ao Mérito Deportivo, igual ca o resto de medallistas olímpicos. Así e todo, a pesar do ouro colgado no pescozo nos 200 metros do K-2, aínda non conseguiun un patrocinador forte.
O deportista criado na mariña luguesa recoñece que "hai empresas interesadas e estamos en negociacións", tal e como afirmou nunha entrevista na Radio Galega. Sería un desafogo de cara á preparación do Mundial e o Europeo, na que xa está inmerso despois dun parón dun "mes e medio" posterior aos Xogos Olímpicos.
Outro galego que recibirá o galardón xunto a Cristian Toro será o ciclista José Antonio Hermida, orixinario de Maceda e que foi prata olímpica en Atenas.
Escribe tu comentario