#Claves de la semana

​O Celta ata a Hugo Mallo ata 2021

O capitán celeste, que chegou como infantil á canteira, acumula oito tempadas no primeiro equipo, no club da súa vida.


|

Hugomallocelta


O Celta e Hugo Mallo amplían o seu contrato por dúas temporadas máis. O capitán celeste, que remataba a súa vinculación co club no 2019, asinou ata 2021. O novo acordo sitúa a cláusula de rescisión nos 30 millóns de euros, a máis alta dos canteiráns, xunto con Iago Aspas e Rubén Blanco.


Asegúrase así a continuidade dun xogador que chegou á canteira en categoría infantil e que deu o salto ao primeiro equipo cando aínda xogaba cos xuvenís. Desde aquela pasaron xa oito temporadas e esta é a súa segunda lucindo o brazalete de capitán no club da súa vida.


O xogador declarou ter cumpridos moitos soños co Celta, onde aínda lle quedan metas por alcanzar. Mantén vivo, iso si, outro soño cunha camisola distinta, a da Selección Española absoluta, pero lévao "con calma".

relacionada ​O Celta prepara a porta pechada o partido ante Las Palmas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE