#Claves de la semana

Arranca a décima Lexislatura galega

O arco parlamentarioquedou composto nesta X Lexislatura por 41 deputados do PPdeG, 14 de En Marea, 14 do PSdeG e seis do BNG, en base aos resultados das eleccións autonómicas do pasado 25S. 


|

Parlamentogaliciasesionplenaria


A Cámara para a X Lexislatura galega quedou constituída este venres. Faino con máis de 40 caras novas (en torno ao 60 por cento dos 75 deputados) en relación ao anterior mandato parlamentario e unha renovación especialmente significativa nos tres grupos da oposición --sobre o 80 por cento--.


Así, estréanse nove dos 14 deputados socialistas; mentres que de En Marea, con outros 14 escanos (aínda que segunda forza en votos), só repiten os que foron parlamentarios de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) na pasada lexislatura Antón Sánchez e Eva Solla; e as deputadas do BNG Ana Pontón e Montse Prado.


O PPdeG, pola súa banda, con 41 deputados, incorpora unha vintena de caras novas en relación ao grupo co que arrincou a anterior lexislatura, aínda que boa parte destes rostros xa son coñecidos por formar parte do Goberno de Feijóo, que incluíu a todos os conselleiros nas súas listas.


pleno constitutivo arrancou ás 11,00 horas, coa composición da mesa de idade, que estivo presidida polo deputado de máis idade Carlos López Crespo (PP), a quen acompañaron as dúas parlamentarias máis novas: Paula Quinteiro (En Marea) e Olalla Rodil (BNG).


Esta mesa de idade dirixíu as votacións para a constitución da Mesa do Parlamento. A Presidencia, a Vicepresidencia primeira e a Secretaría recaerán no PP (Miguel Santalices, Diego Calvo e José Manuel Balseiro respectivamente); mentres que a Vicepresidencia segunda ocuparaa Eva Solla (En Marea) e a Vicesecretaría, a socialista Concepción Burgo.


Precisamente, o primeiro acordo entre PSdeG e En Marea, empatados a 14 escanos, aínda que a confluencia supera aos socialistas en máis de 17.000 votos, fraguouse para a repartición dos dous postos que lles corresponden na Mesa (o BNG, con seis deputados, queda fóra). A X Lexislatura arrincará, ademais, cunha reconfiguración das bancadas da oposición.


Así, aínda que En Marea pedía inicialmente ocupar a zona do PSOE o hemiciclo en aras da súa condición de segunda forza en votos, finalmente os socialistas manteranse no seu sitio, no exterior da bancada esquerda da oposición. En Marea ocupará, en cambio, o sitio do BNG, que quedará situado entre socialistas e os membros do grupo da confluencia.


OBRAS NO HEMICICLO E BEIRAS ENTRE OS INVITADOS


Nos últimos días, o hemiciclo do Parlamento albergou obras para a súa posta a punto e, para a sesión constitutiva, populares e socialistas convidaron aos seus respectivos cargos, como é habitual.


Tamén En Marea cursou as súas invitacións e un dos destinatarios é o histórico Xosé Manuel Beiras, deputado e portavoz de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no último mandato.


Fontes de En Marea ratificaron tamén que acudirán á tribuna representantes de colectivos "especialmente agredidos polo PP". Así, acudirán ao Pazo do Hórreo membros de Stop Desafiuzamentos, da plataforma de vítimas do accidente de Angrois, das Marchas pola Dignidade, da Plataforma de Afectados pola Hepatite C e de SOS Sanidade Pública.


Os deputados do BNG, como é tradicional, portarán un caravel e un exemplar da obra de Castelao 'Sempre en Galiza'.


INVESTIDURA E GOBERNO: EN NOVEMBRO


Tras quedar constituída a Cámara e unha vez elixida a Mesa, o seu presidente terá que comunicarllo ao Rey, ao Senado, ao presidente do Goberno e ao presidente en funcións da Xunta.


Dentro do prazo dos 15 días seguintes á celebración da sesión constitutiva, terá lugar a solemne sesión de apertura da lexislatura. Así mesmo, a constitución inicial de grupos parlamentarios farase dentro dos cinco días seguintes á sesión constitutiva mediante un escrito dirixido á Mesa.


En paralelo, o presidente da Cámara, "consultados os representantes designados polos partidos ou polos grupos políticos con representación parlamentaria, propoñerá de entre os membros do Parlamento un candidato á Presidencia do Goberno, que neste caso, co PPdeG con maioría absoluta, será Alberto Núñez Feijóo.


Dados todos estes pasos, xa en novembro, Feijóo será investido, tomará posesión e designará ao seu Goberno.


A OPOSICIÓN, OBRIGADA A ALIARSE


Esta será unha lexislatura na que os grupos da oposición terán que buscar alianzas para poder acceder a varias iniciativas, como a creación 'automática' dunha comisión de investigación ou a solicitude de comparecencias de membros da Xunta.


O regulamento parlamentario recolle que o pleno, por proposta da Xunta, da Mesa, de dous grupos ou da quinta parte dos deputados membros da cámara, poderá acordar a creación dunha comisión de investigación sobre calquera asunto de interese público.


Con todo, o texto consolidado en 2015, incorpora a posibilidade de crear, de forma automática, unha comisión de investigación por lexislatura se o solicitan un terzo dos 75 deputados da Cámara que pertenzan a un mesmo grupo, ou ben os dous quintos da Cámara.


Así as cousas, no actual escenario de 75 escanos e unha maioría absoluta do PP de 41 fronte ao empate a 14 de escanos de En Marea e do PSOE, e un BNG con seis, ningún dos tres grupos da oposición poderían pedir de forma automática unha comisión de investigación, a pesar da porta que abre o regulamento.


Mesmo para sumar os dous quintos da Cámara (30 deputados) que tamén permiten dar este paso sería necesario que se aliasen En Marea, PSOE e BNG.


En canto ás comparecencias en pleno ou en comisión, o regulamento recolle que a iniciativa para a adopción de tales acordos corresponderalles a dous grupos parlamentarios ou á quinta parte dos membros da Cámara (15 deputados) ou da comisión, segundo o caso. De novo, a alianza sería unha esixencia para sumar a quinta parte esixida posto que ningún grupo da oposición suma 15 escanos.

relacionada Santalices repite como presidente y Calvo será vicepresidente
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE