#Claves de la semana

O BNG denuncia o peche de 4.300 granxas desde a chegada de Feijóo á Xunta

Ana Pontón, portavoz do BNG, demandou este luns a "intervención directa" da administración no mercado co obxectivo de "garantir" que os produtores lácteos reciban "un prezo xusto". 


|

Anapontonbng2


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, demandou este luns a "intervención directa" da administración no mercado co obxectivo de "garantir" que os produtores lácteos reciban "un prezo xusto". Trátase, segundo as súas palabras, de "evitar o dumping que se dá neste sector" a través das industrias e a gran distribución, que "extorsionan aos gandeiros".


Díxoo a nacionalista nunha visita xunto co deputado Xosé Luís Rivas, 'Mini', á localidade coruñesa de Mazaricos, onde se reuniron co alcalde, Xoán Xosé Blanco, e cos presidentes das asociacións de gandeiros e hostaleiros, Óscar Branco e Jorge Jurjo, respectivamente.


A respecto da situación dos produtores lácteos, Pontón lamentou que os galegos seguen cobrando "o prezo máis baixo" do Estado, que o 70 por cento das explotacións que pecharon en 2015 eran galegas e que, desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo a Monte Pío, pecharon 4.300 granxas.


Neste sentido, no seu paso por un municipio onde existen unhas 400 explotacións, a líder do Bloque recalcou que "esta situación ten que cambiar", pois toca "sacar adiante un sector estratéxico" para Galicia. "Non só a efectos económicos e de emprego, senón tamén de equilibrio territorial e para frear o abandono do medio rural", salientou.


INDUSTRIA TRANSFORMADORA


Así as cousas, defendeu a necesidade de "favorecer" a transformación dos produtos lácteos, a fin de "xerar valor engadido" e "incrementar o nivel de ingresos das explotacións".


A administración, a xuízo da tamén deputada autonómica, debe "impulsar" outros aspectos, máis aló da venda do leite en bruto. "É necesario apostar por xerar industria transformadora, porque xera máis riqueza e máis emprego", argumentou.


Á marxe deste asunto, como indicou o BNG a través dun comunicado, na reunión tamén se abordaron "as dificultades de mobilidade" de Mazaricos con municipios limítrofes e con Santiago debido á ausencia de "un servizo eficaz" de transporte.

relacionada ​Catro cooperativas galegas queren integrarse nun grupo lácteo
relacionada ​Larsa fai realidade o iogur de licor café
relacionada Por primeira vez no ano sobe o prezo do leite
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE