Larsa fai realidade o iogur de licor café
Podería ser un engano viral, pero non. Na rede está a ser todo un éxito, á espera de saber cómo resulta a nivel comercial.
O iogur de licor café, unha revolución. //Foto: twitter
É coñecido que a maior parte dos produtos que chegan ao mercado non conseguen triunfar entre os consumidores. Pero a empresa Larsa comeza con bo pé no seu intento de ampliar o número de sabores dos seus produtos, pois están a ter unha gran acollida nas redes sociais.
En particular, a rede anda revolucionada polo novo iogur de licor café que se comezou a comercializar a semana pasada. E é que para moitos internautas desconfiaban de que se tratase dun engano que comezara a circular.
Yogur de Licor Café. Gracias Larsa! @leitelarsa
— Enfermera Saturada (@EnfrmraSaturada) 11 de octubre de 2016
Lloro de emoción... 🙂 #LaFelicidadTieneFormaDeYogur pic.twitter.com/IfjhAElcEo
É real, existe, e, ademáis, fan un bo uso do galego, pero a tirada polo momento é pequena.
Non sei se me namorou máis que Larsa sacara o sabor licor café ou que poña "SOBREMESA" 💖
— Alejandro (@Bonmachio) 11 de octubre de 2016
Xunto a este, Larsa tamén introduciu no mercado os iogures de torta de limón, mandarina e de mazá ao forno.
Escribe tu comentario