# Claves de la semana

A baixa nitidez das gravacións das cámaras dificulta a investigación do caso Diana Quer

Os investigadores xa botaron man dos lectores de matrícula existentes na AP-9 e que fan un seguimento preciso dos coches que percorren a estrada. 


Camarasseguridadcarretera



Vense abaixo un dos alicerces da investigación pola desaparición de Diana Quer. As gravacións das 57 cámaras de videovixiancia que se reparten ao longo da autovía do Barbanza (AG-11), e que rexistran gravacións que ían ser clave na investigación, poderían non ter suficiente nitidez para identificar as matrículas dos coches e desta forma determinar o vehículo no que se cre que a desaparecida puido desprazarse, segundo informa o xornal La Voz de Galicia e a CRTVG. 


Outro dos factores que poderían influir na calidade da imaxe das cámaras de videovixiancia é a falta de luz dado que as imaxes analizadas foron gravadas de noite. Esa carencia nas gravacións podería dificultar moito non só a lectura das matrículas senon tamén clarificar o número de persoas no vehículo ou o sexo dos ocupantes. 


Este feito provocou que os investigadores botaran man dos lectores de matrícula existentes na AP-9 e que fan un seguimento preciso dos turismos que percorren a estrada. Estes lectores poderían superar a quincena.

LUGO


Ante as chamadas de persoas que afirman ter visto a Diana Quer en diversas partes da provincia de Lugo, a Garda Civil investiga cada unha desas chamadas. 



relacionada Ratifícase que houbo "moitas chamadas" que sitúan a Diana na provincia de Lugo
relacionada ​O perímetro de rastrexo de Diana é cada vez máis amplo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE