A Comisión de Garantías do PSOE reunirase mañá despois do Comité Federal
A presidenta do Comité Federal, Verónica Pérez, acusou a Isabel Celáa de «secuestrar» esta Comisión de Garantías
ca
A Comisión de Ética e Garantías do PSOE convocou unha reunión mañá, sábado, ao termo do Comité Federal no que se vai a debater e votar a proposta da Executiva de Pedro Sánchez de celebrar primarias en outubro e o congreso en novembro, informaron a EFE fontes do partido.
A sesión foi convocada pola presidenta do órgano, Isabel Celáa, co único punto da orde do día de aprobar os modelos de recollida de avais do proceso de primarias.
Os críticos queren, en cambio, que a Comisión de Ética e Garantías se reuna antes do Comité Federal co fin de que se pronuncie sobre a disolución da Executiva, despois de que dimitisen 17 dos seus membros, e ver se se constitúe unha xestora.
CONCENTRACIÓNS DE MILITANTES
O PSOE emitiu este venres a través de Twitter un comunicado no cal pide "serenidade" ante as dificultades "excepcionais" que vive o partido.
Ante las informaciones de concentraciones de militantes, la Comisión Ejecutiva Federal en funciones informa: pic.twitter.com/0RHCEzHFFT
— PSOE (@PSOE) 30 de septiembre de 2016
Escribe tu comentario