Electores da zona de Ribeira recibiron papeletas de En Marea de Pontevedra
A Xunta Electoral de Galicia deixa en mans das mesas a decisión de dar ou non por válidos os votos emitidos con estas papeletas mal enviadas aos domicilios.
Se votas na provincia da Coruña e levas da casa a papeleta...
— EnMarea (@En_Marea) 25 de septiembre de 2016
Revísaa ben!
Por erro, chegaron algunhas de Pontevedra #25SEnMarea
Un erro da empresa encargada de distribuír a publicidade electoral e as papeletas de En Marea na zona de Ribeira (A Coruña) obrigará este 25S ás mesas electorais a pronunciarse sobre a validez dos votos que se emitan para esta formación na Coruña empregando a papeleta correspondente á provincia de Pontevedra.
En concreto, o erro afecta a unhas
1.000 papeletas que se enviaron como parte do 'mailing' electoral á zona de Ribeira. Por un erro "moi localizado", electores da provincia da Coruña recibiron equivocadamente no seu domicilio a papeleta correspondente a En Marea pola provincia de Pontevedra.
Tras a
advertencia do erro realizada polo partido á Xunta Electoral de Galicia, este organismo remitiu na mañá deste domingo un escrito á Xunta Electoral da Coruña, que foi trasladado ás mesas da provincia.
Neste documento especifícase que non é posible, como se reclamaba, "computar como votos válidos" os emitidos con papeletas correspondentes a outra provincia de forma xeral, dado que
"no colexio electoral debe haber papeletas válidas de todas as forzas políticas" para que o elector "escolla a desexada", o que "salvagarda" os seus dereitos.
Con todo, lembra que
"a competencia para declarar a validez dos votos" escrutados "correspóndelle ás mesas", segundo o establecido na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeneral.
En Marea advertiu nas súas redes sociais aos electores da Coruña deste erro e pediron aos que leven a súa papeleta de casa que a "revisen ben", dado que pode xerar "problemas no reconto". "Se tes dúbidas, o mellor é coller a papeleta directamente no colexio electoral", indican na súa conta de Twitter.
Escribe tu comentario