#Claves de la semana

​Pontón: "Os galegos somos máis modernos do que conta a TVG"

Nun mitin na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, Ana Pontón apostou por "quitarlle o mando a Feijóo".


|

Anapontonfacultad


A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, prometeu este xoves unha Consellería de Mocidade se chega ao Goberno galego tras as eleccións do próximo domingo.


Nun encontro con mozos na Facultade de Ciencias da Comunicación, en Santiago, Pontón asegurou que esa Consellería de Mocidade encargaríase de coordinar todas as políticas relativas a mocidade, de forma que habería "por primeira vez" un organismo con "competencias plenas" en cuestións como formación, bolsas, vivenda e "acompañamento real" a aqueles que busquen o seu primeiro emprego.


Así, subliñou que o BNG busca que "ningún mozo quede atrás", despois de que "máis de 100.000" de mozos e mozas "tivesen que emigrar" de Galicia durante o goberno de Partido Popular, mentres "Feijóo nega o Prestige da emigración xuvenil".


Nun formato no que os estudantes universitarios realizaron as súas preguntas á candidata nacionalista, Pontón contestou ao longo de case unha hora diversas cuestións de diferentes temáticas. O acto arrincou co secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, avisando de que non había "plasmas" e acabou coa líder do BNG chanceando con abrir un "grupo de Whatsapp" coas decenas de asistentes para poder contestar a todas as súas preguntas.


TVG E AUDIOVISUAL


Dado que o encontro se celebrou na Facultade de Ciencias da Comunicación, os futuros xornalistas e creadores audiovisuais realizaron varias preguntas en relación aos seus ámbitos.


Respecto diso, Pontón denunciou que "durante estes anos o mando da TVG tívoo Feijóo", nun tempo no que se "silenciaron" protestas e visións alternativas ás do PP, polo que cre que ese "mando da TVG" debe "ser dos galegos e non dos presidentes".


De tal forma, defende unha nova lei para CRTVG para un servizo "público e de calidade", con "liberdade para os profesionais", en prol dunha televisión e radio "plural e independente", onde non haxa un presidente da Corporación "nomeado dixitalmente por Feijóo".


Tamén sinalou a necesidade de apostar polos novos creadores galegos con axudas e puxo como modelos a seguir a autores como Óliver Laxe, á vez que avoga por modificar a rede de distribución.


Nesta liña, quéixase da TVG debería emitir máis películas e produción autóctona, cunha programación máis adecuada, porque: "Somos máis modernos do que contan nesa televisión".


LUCIANO MÉNDEZ E ESTATUTO DO FEMINICIDIO


Nun foro con universitarios, unha dos temas que saíu foi a polémica ao redor do profesor da USC Luciano Méndez, que fixo comentarios machistas a unha das súas alumnas por levar escote.


No tocante a Méndez, Ana Pontón reclamou unha "actuación máis contundente" contra o profesor, pois reprocha que a USC "non está preparada" para os tempos actuais, mentres cargou contra unha xustiza "anquilosada" en materia de discriminación a mulleres.


Xunto a isto, aproveitou para censurar como as mulleres están "invisibilizadas" nos cargos das universidades, á vez que expresa a necesidade de que leven a cabo medidas para a "igualdade real" e contra a violencia machista en todos os ámbitos.


Por tal motivo, indica que o BNG quere poñer en marcha un Estatuto do Feminicidio, que mellore a protección. Todo iso, tras apuntar que lle parece unha "mala noticia" que ela mesma en "o ano 2016" fose "a primeira muller" en ser candidata á Xunta.


Unha das preguntas realizadas foi se, no caso de que a oposición teña maioría para gobernar, o BNG entraría nun executivo "tripartito". En resposta, Pontón limitouse a dicir que o Bloque se presenta "para gobernar" e sostén que "sería magnífico" que houbese unha "presidenta nacionalista" en Galicia, pero sen entrar a contestar de forma directa ao formulado.



relacionada Ana Pontón: "Somos o pobo de 'Nunca Máis', xente loitadora"
relacionada ​Ana Pontón: "Queremos ter a chave do noso diñeiro, non Montoro"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE