#Claves de la semana

Un 'flashmob' para reclamar á Xunta que reactive a carreira profesional de enfermería

O Sindicato de Enfermería explicou que desde o ano 2010 está "paralizado" o proceso polo que demandan que o Sergas "dea unha expectativa de negociación"


|

SATSEcarreraprofesional


O Sindicato de Enfermería Satse en Galicia reclamou este xoves á Xunta mediante a repartición de lazos con mensaxe, que tamén colocaron no enreixado do edificio administrativo de San Caetano, e a representación dun 'flashmob' que "reactive" a carreira profesional para o persoal de Enfermería na comunidade.


Ás portas da sede do Goberno galego, en San Caetano, repartiron lazos verdes con distintas mensaxes reivindicativas coa súa petición como 'carreira profesional xa' ou 'queremos a nosa carreira', ademais de realizar un 'flashmob' e unha carreira atlética con obstáculos para represenar as "trabas" coas que din que se atopan para lograr o seu obxectivo.



En declaracións a Europa Press, a secretaria xeral autonómica de Satse, Carmen García Rivas, explicou que desde o ano 2010 está "paralizado" o proceso de implantación da carreira profesional para Enfermería, polo que demandan que o Sergas "dea unha expectativa de negociación para ir encadrando aos profesionais".


Neste sentido, García Rivas incidiu en que solicitan á Administración sanitaria galega "que inicie unha negociación para que todos os profesionais que non puideron progresar ou entrar na carreira profesional, poidan".


"Outras comunidades están a recuperar a carreira profesional", afirmou a secretaria xeral autonómica de Satse, á vez que criticou que Galicia "sempre queda á cola". Por iso, insisten en demandar "que se abra unha negociación" co Sergas "para recuperar" este recoñecemento.


CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS


A mobilización deste xoves, que contou coa participación de case unha trintena de persoas en San Caetano leva a cabo tras a iniciativa realizada a semana pasada na Praza do Obradoiro, onde enfermeiras tomaron a tensión a peregrinos para facerse "visibles no ámbito de Santiago".


Ademais, no calendario previsto polo sindicato, este mes comezarán coa celebración de asembleas e, segundo avanzou Carmen García, non descartan convocar unha folga se non se atende a súa petición por parte da Administración galega, sobre todo, despois de que "a valedora admitiu a trámite a denuncia" que presentaron porque, segundo lembra, "hai un agravio entre profesionais; facendo o mesmo, trátanos de distinta maneira".


relacionada ​O Sindicato de Enfermería maniféstase este xoves pola reactivación da carreira profesional
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE