Evacuada en helicóptero unha peregrina que caeu da bicicleta en Palas
Ata o punto tamén de desprazaron efectivos do GES de Monterroso e de Protección Civil de Palas e a Garda Civil tamén foi alertada.
Unha peregrina que facía o Camiño de Santiago resultou ferida este xoves no concello lugués de Palas de Rei, onde caeu da bicicleta na que circulaba, á altura de Portos, na parroquia de Lestedo.
Segundo informa o 112, tivo que ser evacuada en helicóptero a un centro sanitario. O 112 coñeceu os feitos a través da chamada dun particular ás 11,00 horas.
Entón, avisou a Urxencias Médicas, que decidiu mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ata o punto tamén de desprazaron efectivos do GES de Monterroso e de Protección Civil de Palas. A Garda Civil tamén foi alertada.
Escribe tu comentario