# Claves de la semana

​Envorca en Vilalba un camión que transportaba 2.600 coellos

O condutor atópase en bo estado, pero boa parte dos animais morreron como consecuencia do sinistro.

Conejosjaula


Un camión que transportaba uns 2.600 coellos envorcou na noite deste xoves en Vilalba (Lugo), nunha rotonda de ligazón da A-8 coa AG-64, segundo informa o 112.


O condutor do vehículo indicou ao 112 ás 2,00 horas que os animais ían en varias gaiolas e que boa parte deles morreron a consecuencia do sinistro.


O centro de atención ás emerxencias do 112 deu traslado dos feitos a Protección Civil, Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, así como a bombeiros de Vilalba, aínda que non foi precisa a súa intervención.


Ademais, o 112 puxo o accidente en coñecemento de Urxencias Médicas. A pesar de que o condutor non resultou ferido, os efectivos sanitarios decidiron enviar unha ambulancia, xa que aseguraba ter molestias nunha man.


As forzas da orde solicitaron a intervención dun veterinario para avaliar o estado dos coellos, que sobreviviron ao sinistro e, ao tempo, proceder á retirada dos animais mortos.

relacionada ​Excarceran unha persoa do seu coche por un accidente en Vilalba
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE