A policía evita un lume ao descubrir un artefacto incendiario en Ourense
Desubriron o artefacto preto das inmediacións do estadio do Couto, nunha zona que xa ardeu en numerosas ocasións nos últimos anos.
A Policía Nacional 'abortou' un incendio na cidade de Ourense tras descubrir un artefacto incendiario nas inmediacións do estadio do Couto, nunha zona que xa ardeu en numerosas ocasións nos últimos anos.
Unha patrulla da Policía Nacional observou unha columna de fume que saía dunha das leiras que se atopan detrás do campo de fútbol, segundo informou a Comisaría Provincial de Ourense.
Ao achegarse ao lugar, os axentes descubriron un artefacto incendiario debaixo dunha chea de herba seca "composto por un trapo enrolado e uns paus que se van consumindo aos poucos envolvidos con restos de servilleta de papel".
A actuación dos axentes evitou que o lume se propagase nunha zona que rexistrou numerosos incendios nos últimos anos.
Escribe tu comentario