#Claves de la semana

A maioría dos afogamentos prodúcense en praias sen vixilancia profesional

8 mortes en agosto en Galicia elevan a 54 o número de falecementos por afogamento no que vai de ano, dos cales un 53% se producen en praias, e na maioría dos casos (86%) cando non había vixilancia.


|

Socorrismo


Oito mortes en agosto en Galicia elevan a 54 o número de falecementos por afogamento no que vai de ano, segundo o Informe Nacional de Afogamentos que elabora a Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo.


No conxunto estatal, 57 falecidos o oitavo mes do ano elevan a cifra en España a 321 durante o primeiros oito meses do ano. De acordo co informe, a maior parte producíronse durante os meses de verán e agosto converteuse, cunha media de 1,8 falecementos por día, no mes máis tráxico despois de xuño e xullo nos que faleceron 55 persoas por mes.


PRAIAS SEN VIXILANCIA


Respecto dos lugares máis comúns onde se producen, o 53 por cento dos afogamentos producíronse en praias; o 18,4 por cento en ríos; o 7,2 por cento en piscinas, e o resto noutros espazos como canles, portos, pantanos, pozas e torrentes.


A análise tamén revelou que a maioría dos casos (86%) sucederon cando non había vixilancia por parte dun profesional e soamente o 14 por cento dos incidentes tiveron lugar en espazos con socorrista.


Ademais, o 61 por cento dos sucesos ocorreron nas horas centrais do día, entre as 12.00 e as 20.00, e case en nove de cada dez ocasiones non había servizo de vixilancia do espazo acuático onde ocorreu o óbito.


Por outro parte, os homes ocupan a primeira posición en afogamentos situándose nun 81 por cento das mortes fronte ás mulleres que ocupan un 19 por cento. A idade máis frecuente coa que ocorren estes casos é a partir dos 65 anos, aínda que tamén existe unha porcentaxe de afogamentos nas idades máis temperás.


ANDALUCÍA E VALENCIA, Os LUGARES CON MÁIS PREVALENCIA


Andalucía e a Comunidade Valenciana, con 11 persoas falecidas en cada caso, suman máis dun terzo dos sucesos con vítimas mortais en agosto. Na listaxe tamén figuran Galicia, onde se produciron oito mortes, Illas Baleares (7), Cataluña (6), Canarias (4), Castela a Mancha, Castela León e País Vasco, con dous en cada caso.


Con todo, durante o més de agosto non existen rexistros en espazos acuáticos de Asturias, Ceuta, A Rioxa, Ciudad Autónoma de Melilla, Murcia e Navarra.


No conxunto do ano, seis comunidades agregan o 74 por cento dos falecementos e son: Galicia (54), Andalucía (53), Canarias (47), Comunidade Valenciana (38), Baleares (26) e Castela e León (21).

relacionada ​La falta de socorristas en las playas será crónica a corto plazo
relacionada ​Os socorristas salvan a dúas persoas na Lanzada e Riazor
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE