# Claves de la semana

​Feijóo pedirá ao Goberno central que revise o IVE dos produtos sen glute

Destacou tamén que o Goberno vén de aprobar a eliminación do imposto de sucesións e doazóns para o 99% dos casos.

Feijooceliacos


O dirixente, que recalcou que a celiaquía é unha doenza da que cada vez hai máis persoas diagnosticadas, destacou así que pedirá ao goberno central que revise o IVE ó que están sometidos estes productos na actualidade (un 21%).


Do mesmo modo, Feijóo tamén destacou que o seu Goberno aprobou unha medida á que cualificou como “xusta”: a eliminación do Imposto de sucesións e doazóns para o 99% dos casos.


FAMILIAS


O dirixente puxo de manifesto que os populares queren que Galicia sexa o mellor lugar para nacer, para ser neno e para formar unha familia.


“Galicia acompaña aos nenos desde que nacen ata que chegan á maioría de idade”, dixo Feijóo poñendo en valor que, dende o seu nacemento, poñendo como exemplos o calendario de prevención e vacinación ou a axuda de 100 euros ao mes durante o primeiro ano, así coma as prazas públicas de gardería ou as axudas para familias que non teñen unha na contorna. Destacou tamén a Tarxeta Xente Nova, que empezou a funcionar esta semana, e pola que os mozos galegos poderán desprazarse no transporte metropolitano de forma gratuíta.


CONCILIACIÓN


Por outra parte, Feijóo subliñou a importancia de que as familias poidan conxugar traballo e vida no fogar con total naturalidade, facendo fincapé en medidas como o Bono Coidado.


Asegurou que o vindeiro ano, de ser elexido presidente, abrirá unha mesa de traballo para garantir uns horarios máis compatibles coa vida familiar.


“Un dos nosos retos pendentes é seguir esforzándonos para que os pais dispoñan de tempo para pasar cos seus fillos”, expresou ao tempo que sinalaba que se alegraba moito de que un dos acordos de investidura que alcanzou o PP con Ciudadanos fose neste mesmo senso.


MAIORES


Feijóo asegurou que en Galicia “existen un terzo máis de prazas de centros de día e residencias de maiores que en 2009” e dixo que “se multiplicaron por catro o número de persoas que reciben o Servizo de Axuda no Fogar”.



relacionada O PPdeG estrea xornal para as eleccións
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE