'Situación 2' de alarma pola proximidade do incendio de Soutomaior a núcleos habitados
É a cuarta 'situación 2' declarada nas últimas horas, despois de que as chamas tamén se aproximasen ás casas en Caldas, Cotobade y Mondariz.
Incendio en Soutomaior esta tarde // @MariaCheda Twitter
Acaba de ser decretada a 'situación 2' para o incendio declarado ás catro desta tarde en Soutomaior. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume a núcleos habitados, neste caso no lugar de San Martiño de Ventosela, xa no concello de Redondela.
A este lume na provincia de Pontevedra súmase o de Cotobade, que segue en Situación 2, os de Mondariz e Caldas de Reis, ambos estabilizados, que afectan a 160 e 290 hectáreas respectivamente, e o de Ribeira que é o único que está xa extinto.
Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada por este lume supera as 20 hectáreas. Neste momento o foco segue activo e fóra de control.
Primeiras imaxes de Soutomaior // @InfoEmerg Twitter
Nas labores de extinción traballan tres axentes, sete brigadas, nove motobombas, unha pala, catro helicópteros e un avión. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
Escribe tu comentario