A ‘tarifa plana’ de 50 euros beneficia a máis de 50,000 autónomos en Galicia
Galicia é a quinta comunidade autónoma con maior número de afiliados á tarifa, por detrás de Cataluña, Madrid e a Comunidade Valenciana.
A chamada “tarifa plana” de cotización á Seguridade Social para incentivar a novos autónomos, xa beneficiou a 926.521 emprendedores no conxunto de España, dos cales case un 40% son menores de 30 anos, informa o Ministerio de Emprego. En Galicia concretamente benefícianse 51.127 autónomos, un quinto posto dentro das comunidades con máis afiliados á bonificación, despois de Andalucía (174.876), Cataluña (152.500), Madrid (124.438) e a Comunidade Valenciana (105.697).
Os autónomos tamén poderán manter a “tarifa plana” cando contraten a traballadores, segundo o proxecto de Lei pola que se modifica e actualiza a normativa en materia de auto emprego e se adoptan medidas de fomento e promoción do traballo autónomo e da economía social.
50 EUROS NO PRIMEIRO SEMESTRE
Durante os seis primeiros meses aplícase unha redución do 80% na cota que resulte de aplicar sobre a base mínima o tipo de cotización vixente en cada momento nese Réxime. Desta maneira, o novo autónomo menor de 30 anos poderá cotizar durante ese primeiro semestre unha cota de aproximadamente 50 euros.
Transcorrido o primeiro ano dende a alta no RETA, os homes de ata 30 anos e as mulleres de ata 35 beneficiaranse dunha redución e bonificación nas súas cotizacións dun 30% durante os seguintes 18 meses.
No caso de mozos menores de 35 anos cun grado de discapacidade recoñecida igual ou superior ó 33%, a redución do 80% aplicaríase durante os 12 primeiros meses en vez de 6, e logo manteríase unha bonificación do 50% ata un máximo de 5 anos.
Escribe tu comentario