O turismo do verán fai medrar a cifra de autónomos en Galicia
En xuño afiliáronse neste réxime 711 persoas. Son actividades estacionais, pero desde a Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar agardan que se consoliden.
O número de autónomos aumenta en Galicia en 711 persoas en xuño ata un total de 217.444 fronte aos 216.733 de maio, segundo datos de afiliación do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Este incremento prodúcese principalmente no sector servizos, relacionado co turismo, o que segundo a Asociación Galega de Traballadores Autónomos e do Mar (Agtamar-Upta) "confirma a importancia da estacionalidade do traballo por conta propia en Galicia".
Con todo, destaca que "este dato é positivo", xa que indica que "se consolida o crecemento de traballadores autónomos e autónomas" na Comunidade galega. Así, Agtamar-Upta espera que "os datos de crecemento se consoliden nos próximos meses a pesar da estacionalidade destas actividades económicas".
Escribe tu comentario