#Claves de la semana

​Dous incendios no Barbanza suman 50 hectáreas arrasadas

As altas temperaturas e o vento fan que o lume se propague moi rápido. En Rianxo achegouse con perigo a vivendas, pero xa está controlado. O de Ribeira segue activo.


|

Incendioforestal


Permanece activo esta mañá un incendio forestal no concello coruñés de Ribeira que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas. O lume iniciouse ás 00:30 horas na parroquia de Carreira e están traballando na súa extinción 1 técnico, 9 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas, 4 pás e un avión.


Por outra parte, quedou controlado ás 09:17 horas o incendio rexistrado ás 21:42 da noite no concello de Rianxo. O lume afectou a parroquia de Leiro, e malia que non se produciu ningún desaloxo, non se descartou porque o incendio se produciu nunha zona próxima a varias vivendas.


Polo momento, afectou a unha superficie aproximada dunhas 30 hectáreas. Levan traballado na súa extinción 1 técnico, 7 axentes, 16 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.


As altas temperaturas e o vento están facendo que o lume se propague moi rápido.

relacionada ​A CIG denuncia o mal estado das bases de helicópteros contra incendios
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE