#Claves de la semana

​Denuncian "apaños" na hospitalización de saúde mental no Álvaro Cunqueiro

"Desvisten uns santos para vestir mal outros", lamentan desde o Movemento Galego de Saúde Mental, que defende a creación dunha Unidade "con recursos específicos".


|

Pasillocunqueiro

Protesta de profesionales del Cunqueiro en marzo.


O Movemento Galego da Saúde Mental critica a implantación de "solucións simples" aos problemas de hospitalización de saúde mental infantil e xuvenil do sur de Galicia. Nun comunicado, lamentan que se abandone a idea dunha "Unidade de Hospitalización única sustentada nun proxecto terapéutico específico" para dar, no seu lugar, "unha saída apresurada á situación".


Segundo lles trasladaron os xefes de Pediatría e Psiquiatría do Hospital Álvaro Cunqueiro, as medidas pasan por diferenciar a hospitalización de nenos e adolescentes de xeito que os primeiros dependan de Pediatría e para os segundos se habilite "un espazo reformado" na zona de adultos, onde "illando un corredor, se habilitarían camas para adolescentes".


Desde o movemento lamentan unha estratexia que atribúen aos recortes sanitarios, "aparentando crear novas unidades" cando en realidade se van trasladar as dotacións profesionais, materiais e de espazo destinadas a adultos. "Son só apaños que desvisten uns santos para vestir mal outros", lamentan desde o MGSM, que cualifican a xestión de "improvisada, sen coñecemento nin participación dos profesionais".


Consideran que non é aceptable "ningunha solución que non sexa a de creación dunha Unidade de Saúde Mental para a Infancia e a Adolescencia da zona sur de Galicia con recursos específicos de nova creación". Reclaman, así, un proxecto e programas terapéuticos definidos e dotación de espazos, materiais e profesionais "específicos".

relacionada ​Caballero, sobre el Cunqueiro: "se celebra el aniversario de una catástrofe"
relacionada ​Vázquez Almuíña: "el déficit crónico de camas ha desaparecido de Vigo"
relacionada O xerente do Cunqueiro censura as críticas dos médicos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE