#Claves de la semana

​Galicia suma case 360 traballadores estranxeiros en xuño

Un estudo asegura que o 58% dos emigrantes españois pensa regresar nalgún momento, e un 33% máis se mellora a situación económica.


|

Extranjerostrabajadores


Os afiliados estranxeiros á Seguridade Social situáronse en 30.011 en xuño en Galicia, o que supón 358 máis que o mes anterior e 575 máis que hai un ano, segundo os datos que publica este xoves o Ministerio de Emprego.


Do total, 23.228 cotizantes estranxeiros na comunidade galega estaban inscritos no réxime xeral, dos cales 18.720 correspóndense co subtipo xeral, 1.183 co sector agrario e 3.325 co sector do fogar. Ademais, 5.580 están de alta na Seguridade Social como autónomos e 1.203 no réxime do mar.


Por procedencia, a maioría dos afiliados estranxeiros (16.489) chegou a Galicia desde fóra da UE, por 13.522 comunitarios. Os países europeos que achegaron máis cotizantes foron Portugal (6.912), Romanía (2.761) e Italia (1.157); mentres que do resto do mundo destacan os brasileiros (1.821), marroquís (1.644), chineses (1.469) e colombianos (1.323).



Outro dato que achega o departamento que dirixe Fátima Báñez actualmente en funcións é que máis da metade dos estranxeiros afiliados en Galicia son homes: son un total de 17.019 por 12.992 mulleres.


EMIGRACIÓN


O 58% dos españois que viven ou traballan fóra de España pensa regresar nalgún momento e un 33% máis o fará se mellora a situación económica, segundo a 'Guía do Mercado Laboral 2016' da multinacional británica de selección de persoal cualificado Hays.


De acordo con este informe, o 67% dos enquisados emigrou voluntariamente e, entre os que emigraron por obrigación, a porcentaxe dos que o fixeron porque non atopaban oportunidades en España redúcese desde o 74% de 2015 ao 66% en 2016.


Do total de profesionais consultados por Hays para este informe, o 22% leva menos dun ano fóra de España, mentres que o 52% leva entre un e cinco anos; o 13% entre cinco e dez anos; o 8% entre dez e vinte anos e o 6%, máis de 20 anos.


En canto á súa situación, o 82% está a traballar, o 15% está desempregado e o 3% está a estudar. Por comunidades autónomas, o 46% son de Madrid, o 27% Cataluña, o 11% de Valencia e o 8% de País Vasco e Andalucía.


Os países destino máis usuais dos expatriados españois son Reino Unido, Alemaña, Francia, Estados Unidos, México e Portugal.

relacionada ​Más de 13.000 gallegos salen de la lista del paro en junio
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE