Unha balea nada pola Mariña Luguesa
Foi o GES de Cervo quen gravou o animal, que se estima que ande polos 10 ou 15 metros de longo.
O GES de Cervo gravou un exemplar de balea fronte ao faro de San Cibrao, moi preto da costa. Estímase que o animal ande polos 10 ou 15 metros de lonxitude.
Nestes casos é habitual dar o aviso á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), que fan un seguimento deste tipo de animais.
Escribe tu comentario