#Claves de la semana

Adem Ljajic está en Vigo para asinar co Celta

O centrocampista serbio pode xogar de mediapunta ou de extremo esquerdo e chega procedente da Roma, pero leva 6 anos xogando en Italia, onde aterrou da man da Fiorentina.


|

Lijaciccelta

O Celta está a piques de pechar a fichaxe dun centrocampista. Segundo a Radio Galega, o escollido é o serbio Adem Ljajic, de 25 anos e 1,81 de altura, procedente da Roma.


Criado na canteira do Partizan, foi traspasado á Fiorentina, onde disputou máis de 100 partidos na serie A da liga italiana ao longo das 4 tempadas que estivo en Florencia. Depois foi traspasado á Roma por 11 millóns e a comezos da campaña pasada marchou cedido ao Inter de Milan.


O xogador, que pode xogar de mediapunta ou tamén de extremo esquerdo a pé cambiado, remata contrato a final da próxima temporada, polo que o cadro romano accede a vendelo.


O futbolista está en Vigo para pasar as probas médicas antes de asinar e se presentar como novo xogador do Celta, que onte anunciaba a chegada do lateral santiagues Álvaro Lemos despois de chegar a un acordo co CD Lugo.

relacionada ​O Celta comeza a pretemporada cunha soa cara nova
relacionada ​Citroën dejará la camiseta del Celta tras 31 años
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE