As reservas de sangue están en niveis baixos
O Centro de Transfusión chama a cidadanía a doar, especialmente a aquelas persoas con grupos Cero Negativo, A Positivo e B Positivo.
O Centro de Transfusión de Galicia, recentemente integrado na Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, fai un chamamento á doazón, moi especialmente, aos grupos sanguíneos Cero Negativo, A Positivo e B Positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio do CTG.
Neste momento do ano resulta preciso incrementar o volume de doazóns, xa que, aínda que as necesidades de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos se sitúan en 500 doazóns diarias, esta cifra adoita aumentar.
UN ACTO SINXELO
Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.
Para máis información, é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828. Tamén está dispoñibe a web: ctg.sergas.es.
Escribe tu comentario