O Colexio de Xornalistas de Galicia cualifica de "atropelo" que a policía entre na redacción de 'Público'
Demanda explicacións ao Goberno en funcións por unha actuación que considera de "impropia dun Estado de dereito"
O Colexio de Xornalistas de Galicia critica a entrada da policía no diario Público sen orde xudicial, situación que cualificou de "inadmisible, inxustificable e impropio dun Estado de dereito". O suceso produciuse durante a tarde do venres, cando axentes da Comisaría Xeral da Policía Xudicial entraron na redacción do xornal para pedir a entrega das gravacións telefónicas do ministro do Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz.
Neste sentido, a xunta de goberno do CPXG expresou o seu "total e incondicional respaldo" ao medio, xa que consideran este suceso "un atropelo á liberdade de expresión", e demandou ao Goberno en funcións unha explicación pública do ocorrido.
Do mesmo xeito, lamentou ter que "poñer os acentos" durante a xornada de reflexión electoral, o que considera "unha diminución da calidade democrática" do país.
Escribe tu comentario