#Claves de la semana

VIA XIV, Primeiro Festival Internacional de Curtas de Verín (Ourense)

Celebrarase na vila ourensán do 6 ao 11 de decembro


|

PRESENTACIONVIAXIVFESTIVALINTERNACIONALDECORTOSDEVERIN 12


A área de Cultura do Concello de Verín, tras conseguir consolidar propostas de teatro e cinema na vila, aposta agora por unha iniciativa audiovisual de primeiro nivel. Trátase de VÍA XIV, o primeiro Festival Internacional de Curtametraxes de Verín. Cun orzamento inicial de 20.000 euros, o festival celebrarase do 6 ao 11 de decembro, co Auditorio Municipal e a Casa da Cultura como epicentros das proxeccións, e estará formada por tres seccións a concurso: Fronteiras, Emigración e Entroido. Paralelamente, organizaranse conferencias temáticas complementarias ás seccións competitivas, un taller de realización de curtos e actividades didácticas audiovisuais para os máis pequenos.


Así o confirmaron esta mañá na Casa da Cultura Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín; Emilia Somoza (Concelleira de Cultura) e Carlos Montero (responsable do Departamento Municipal de Comunicación), Coordinadores xerais do festival; e Xosé Lois Santiago, Director de Produción do evento.


Diego Lourenzo explicou na súa intervención que esta nova acción cultural do Concello de Verín “busca converter á nosa vila nun referente do audiovisual, non só en Galicia, senón máis aló das nosas fronteiras”. Por outra banda, Lourenzo destacou a gran capacidade deste tipo de eventos para xerar un forte impacto turístico na zona. “Podemos asegurar, utilizando como referencia outros eventos similares, que un mínimo dun terzo do orzamento do festival retornará directamente ao propio municipio”.


En canto á identidade do Festival, Emilia Somoza explicou que “a nosa idea estaba clara desde o principio. Queriamos falar de “a raia”, do concepto de fronteira pero sen fronteira. No momento que xeograficamente pasas “a raia” para vivir alén, formas parte da emigración, consecuencia directa das fronteiras”. Da mesma maneira, Somoza explicou que “curiosamente” algo que non atende a “raias” nin fronteiras, e que se mantén fiel ás súas orixes, é o Entroido; “a nosa identidade por excelencia”. Tomando como base esta identidade, o equipo de VIA XIV estableceu as súas tres categorías a concurso: FRONTEIRA, EMIGRACIÓN E ENTROIDO.


“Necesitabamos buscar algún nexo, un camiño de unión para esta identidade e así chegamos á VIA XVI, camiño que uniu desde tempos inmemorables o territorio de España e Portugal desde o pasado, únenos no presente, e uniranos no futuro. Un camiño palpable representado por miliarios que atravesan as nosas terras sen atender a “raias”, ideoloxías, linguas... marcando unicamente un camiño de cultura, universal, no que iniciamos esta primeira etapa do primeiro Festival internacional de Curtas de Verín, coa firme idea de perpetuar a súa función como nexo cultural, de novas ideas, e de progreso”, finalizou Somoza.


Segundo sinalo Carlos Montero, responsable do Departamento de Comunicación Municipal e Coordinador do festival, VIA XIV tomará como epicentro das súas proxeccións o Auditorio Municipal e a Casa da Cultura e estará constituído por tres seccións a concurso: Fronteiras, Entroido e Emigración. “Todas elas admitirán curtametraxes enmarcadas nas categorías cinematográficas de ficción, documental ou musical nos que a súa temática, liña argumental ou localización estean relacionadas coa sección para a que se participa”, puntualizou o coordinador do evento. Por último, o responsable municipal de Comunicación comunicou que a entrada ao festival será de carácter gratuíto e informou que todas as persoas interesadas en participar no festival poden inscribirse na web www.ficverin.com desde hoxe, 23 de xuño, ata o 31 de outubro.


Por outra banda, Montero explicou que se establecen os seguintes premios, con dotación económica e galardóns:

  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Entroido: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Emigración: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Curtametraxe Categoría Fronteira: 1000 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Guión: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Actor: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado á Mellor Actriz: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do xurado ao Mellor Director: 600 euros e Trofeo.
  • Premio do público á Mellor curtametraxe: 600 euros e Trofeo


Pola súa banda, Xose Lois Santiago, Director de Produción do Festival, quixo destacar que “o orzamento inicial dos 20.000 euros permite asegurar o funcionamento básico desta primeira edición do festival. De todas as maneiras”, continuou Santiago, “esperamos complementar este primeiro orzamento coa incorporación de patrocinadores que permitan ampliar as actividades culturais paralelas”.


Por último, o Director de Produción do Festival confirmou que haberá unha serie de actividades paralelas no festival “como son conferencias temáticas complementarias ás seccións competitivas, un taller de realización de curtos e actividades didácticas audiovisuais para os máis pequenos, que se irán programando nos meses previos ao festival”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE