A costa galega é una das opción máis baratas para os alugueres de verán
As Rías Altas e Baixas son a opción máis económica máis atractivas, posto que a renda semanal está moi por baixo da media estatal.
O aluguer dunha vivenda nas Rías Altas (373 euros á semana) e Baixas (389 euros) é unha das opcións máis alcanzables de toda España no verán, xa que ocupan o segundo e terceiro posto respectivamente entre as máis baratas, só tras a costa de Almería (341 euros), segundo o portal pisos.com.
Estas cifras contrastan co outro extremo no que se sitúan os 1.250 euros de media que vale unha vivenda de aluguer nas Illas Baleares no verán ou os 932 euros na Costa Brava.
Así, os 373 euros de renda semanal nas Rías Altas supón unha caída do 8% respecto de hai un ano, mentres que os 389 euros das Rías Baixas son un 5,4% máis que en 2015.
Os pisos medios en venda nas Rías Altas sitúanse en 126.278 euros (+3,8%) e nas Rías Baixas en 142.900 euros (+8%), por baixo da media en ambos os casos, que se sitúa en 179.886 euros (+11,6%).
En España o prezo do aluguer dunha vivenda vacacional ha pasado dunha renda media de 527 euros semanais a 565, rexistrando un incremento do 7,17% nun ano, segundo pisos.com.
A vivenda vacacional de costa experimentou unha "rechamante remontada" no último ano, xa que os prezos de venda "recuperaron ton", do mesmo xeito que as rendas de aluguer, aínda que estas xa despegaron levemente o ano pasado.
ALUGUERES POR PROVINCIAS
Por outra banda, segundo a información do portal fotocasa.es, o aluguer de pisos de Lugo soben un 1,9% nas vivendas de fronte ao verán, cun incremento de 4,4 euros ao mes, mentres en Ourense hai unha alza do 0,1%, dos aumentos máis reducidos en España. Na Coruña hai unha subida interanual do 5,9%, entre as 15 provincias que máis soben.
As provincias españolas que teñen costa están a protagonizar os maiores incrementos interanuais no prezo da vivenda en aluguer, segundo os últimos datos do Índice Inmobiliario de maio realizado polo portal inmobiliario fotocasa.es.
De feito, nas 15 provincias nas que máis sobe o prezo interanual do aluguer, 13 delas contan con costa, fóra de Madrid e Guadalaxara. Así, as catro provincias que máis incrementan o aluguer interanual fano por encima do 10%.
Escribe tu comentario