Convocan unha folga ante os "incumprimentos" de Ambuibérica
Tras denunciar en varias ocasións horarios excesivos e falta de persoal nas bases de ambulancias
Tras varias manifestacións de protesta, a CIG vén de convocar unha folga en todas as bases de Ambuibérica para os días 21 e 23 de xuño, ante os "constantes incumprimentos" dunha empresa que se fixo co servizo de ambulancias en varios puntos da área de Santiago e tamén na Costa da Morte, Vigo e Baixo Miño.
Os traballadores levan tempo denunciando que esta empresa “aproveita” a desregularización do sector “para sacar beneficio”, mantendo bases por debaixo do mínimo esixible de persoal e forzando aos traballadores a traballar moitas máis horas das que lles corresponde.
A convocatoria de folga chega despois de que esta semana houbese negociacións nas que non se chegou a acordo algún, segundo informou o sindicalista da CIG Xabier Aboi. Reclaman a intervención do SERGAS e da Fundación 061 ante o "estado deplorable" das bases e dalgunhas ambulancias e a falta do persoal necesario en cada base, o que redunda nun exceso de horas de traballo.
Segundo o sindicalista, esta empresa non respecta o convenio colectivo e non atende ás demandas sindicais de cumprimento dos horarios, salarios, condicións das bases, desinfección de uniformes, entre outras. Ademais, denunciou que Ambuibérica está a contratar só a traballadores en prácticas que cobran un 60% do salario e que non superan os 900 euros "no mellor dos casos" por unha xornada completa.
AMBUIBÉRICA
Dende a CIG tense amosado moi críticos con Ambuibérica, unha empresa “ligada a un exalcalde do Partido Popularnunha localidade de Castela e León” que segundo segundo indican se caracteriza polos conflictos laboráis. Aseguran que en Castela e León tivo que readmitir traballadores por mor dunha sentenza xudicial e que en Aragón chegou a ser sancionada por emitir partes de transporte falsos en casos de pacientes falecidos.
Sinalan que esta empresa, que ten concesións na área de Santiago e tamén na Costa da Morte, Vigo e Baixo Miño, tamén vai adxudicar boa parte do servizo programado (diálise, altas médicas, traslados,...) que se resolve nos próximos días, cunhas bases "sospechósamente favorables" á súa oferta.
Escribe tu comentario