# Claves de la semana

​O bloque presenta un programa "para ter voz propia"

Pediu o voto para evitar que os recursos re Galicia se convertan nun "botín para pseudopanameños"


Os cabezas de lista do Bloque Nacionalista Galego nas catro provincias galegas presentaron este xoves o seu programa para as eleccións xerais do 26-J, que se plantexan como unha segunda oportunidade para recuperar a súa presenza no Congreso, algo que consideran vital para que Galicia teña "voz propia".


Carlos Callón, cabeza de lista pola coruña e expresidente da Mesa pola Normalización lingüística pediu o voto dos galegos para que evitar que os recursos de Galicia se convirtan nun "botín para pseudopanameños". "Os recursos de Galicia teñen que servir para crear riqueza para o pobo", condicionando a presenza do bloque no congreso a que Galicia teña "voz, voto e veto" en Madrid.


Nese marco de defensa de Galicia, o expresidente da Mesa pola Normalización Lingüística avanzou que os deputados que obteña a formación frontista reclamarán a transferencia da AP-9 e a AP-53, así como dos portos, aeroportos e ferrocarrís da comunidade; e que defenderán o uso do galego en dependencias estatais como a Xustiza ou a Seguridade Social.


Pola súa banda, a líder da candidatura lucense, Olalla Rodil, salientou que a condición que poñerán para apoiar calquera investidura será a derrogación da reforma laboral. Adicionalmente, propuxo unha reforma fiscal "progresiva", que grave as rendas máis altas ao obxecto de manter o carácter "público" dos servizos e de frear os "recortes" fundamentalmente na sanidade e a educación.


A continuación tomou a palabra o pontevedrés Luís Bará, quen substitúe a Carme Adán tras a súa negativa para competir de novo por un escano para o BNG, e expuxo a necesidade de acometer "un cambio profundo" nun modelo político "cruel, inxusto, corrupto e cada vez máis centralizado".


Finalmente, Noa Presas (Ourense) fixo fincapé en que, "entre paripé televisivo e paripé televisivo" a situación a nivel estatal é "de emerxencia". Apostou por "garantir os dereitos laborais" dos traballadores e por frear que as mulleres sigan "cobrando menos" que os homes polo mesmo emprego ou que "lideren a porcentaxe de traballos por horas". De igual modo, avogou polo fin da "fraude" dos contratos de prácticas e por que "se prohiban" as empresas de traballo temporal para que os contratos teñan que negociarse en Galicia.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE