O PSdeG acusa á Xunta de "abandonar" aos doentes psiquíatricos
Non prospera unha iniciativa para inspeccionar residencias da terceira idade donde se atopan "almacenados"
Os socialistas galegos ausaron este mércores á Xunta Galicia de "abandonar" aos doentes psiquiátricos, que segundo deuncian "non contan coas infraestruturas nin co persoal necesario" logo do desmantelamento dos “obsoletos manicomios”.
A deputada Carmen Acuña presentou unha proposición non de lei no parlamento para pedir unha inspección das residencias da terceira idade nas que se atopan “almacenados”, pero este iniciativa foi rexeitada polo partido popular.
Segundo os socialistas, os motivos dos populares para negarse a esta inspección é "evitar que comprobemos que non contan coas infraestruturas nin co persoal necesario e formado para prestar unha atención adecuada a estes pacientes”.
Sinalou que esta situación constitúe un síntoma da xestión que está a facer a Xunta coa atención a estas doenzas, logo de facer desaparecer o Plan de Saúde Mental, abandonando o Plan de Suicidios no máis duro da crise ou desmantelando as unidades de Psicoxeriatría.
BADALADAS CONTRA O SUICIDIO
Precisamente, o Movemento Galego da Saúde Mental segue reclamando un Plan Galego de Prevención do suicidio, para atallar a realidade de que Galicia é unha das comunidades donde se suicidia máis xente.
Durante toda esta semana están visibilizando a súa reclamación a través de badaladas simbólicas, coa presenza de persoeiros como Jorge Coira, Suso Seixo (CIG) ou Xosé Mª Dios Diz (SOS Compostela)
Escribe tu comentario