#Claves de la semana

Miguel Anxo García (MGSM): "Calquera cifra de suicidio evitable é unha cifra que temos que considerar esaxerada"

En Galicia suicídase cada ano máis xente que no resto do estado. Unha triste realidade que vén de moi atrás, que se viu agravada coa crise económica e que aínda así segue pasando bastante desapercibida


|


En Galicia suicídase cada ano máis xente que no resto do estado. Trátase dunha triste realidade que vén de moi atrás, que se viu agravada coa crise económica e que aínda así segue pasando bastante desapercibida. Dende o Movemento Galego da Saúde Mental puxeron recentemente o foco sobre esta lacra, reclamando a  posta en marcha dun Plan Galego de Prevención que busque as causas desta maior incidencia e traballer para poñer solucións. Falamos co voceiro do movemento, Miguel Anxo García Álvarez. 


¿Por qué Galicia leva tantos anos por enriba da media española de suicidios? 



Estamos moi por enriba, é unha constante en Galicia que a taxa de suicidios esté no nivel máis alto do estado español. Durante bastantes anos foi a taxa máis elevada e segunda Asturias, o ano pasado aparecíamos de segundos e de primeiros Asturias. Esto é historia antiga.


O coñecemento de por qué esto ocorre en Galicia é algo do que se teñen feito un montón de hipótesis, dende hipótesis de que a poboación está máis envellecida, tense relacionado coa inmigración… Téñense dito cantidade de cousas sen demostración. Esta é unha pregunta que efectivamente é moi relevante dende o punto de vista dun problema de saúde pública que debe ser respondida institucionalmente porque os servicios de epidemoloxía da dirección xeral de saúde pública están precisamente entre outras cousas para responder a estas cuestión para poder actuar sobre elas. Eu esta pregunta lévoa escoitando dende que teño memoria profesional, dende hai 40 anos. A resposta ten que ser unha resposta seria que veña dos estudios epidemiolóxicos que establezan as determinantes desa conducta. 


Entón este plan de prevención galego que reclamades debería comezar por ahí, buscando os porqués para poder actuar. 


Para facer un enfoque normal, a Organización Mundial de Saúde xa traslada todos os enfoques e metodoloxía dos problemas da saúde pública á cuestión do suicidio. ¿Que di a OMS respecto a este asunto de coñecer as determinantes da conducta suicida nos diferentes lugares do mundo? Di que hai que actuar xa na prevención ao mesmo tempo que se xenera a información do fenómeno. Coa información que se teña hai que comezar a actuar ao mesmo tempo que se afonda durante o propio proceso de actuación no coñecemento das determinantes.

Que se podería facer entonces para comezar a actuar


A administración tivo xa dende o 2011 as catros grandes liñas propostas por OMS Europa. Falaba da necesidade de poñer en marcha políticas activas de emprego para correxir un dos factores que se sabía que podía actuar agravando a incidencia do suicidio e que xa está demostrada en Galicia a súa importancia. Alivio da carga da débeda, políticas que permitirán manexar a débeda en tempos máis longos, en prazos máis tolerables… Non falaban sequera de suprimila senón que os propios bancos actuaran para que as persoas non vivirán o nivel de presión que estaban vivindo. Falaba dunha política relacionada co reforzamento do sistema sanitario, moi en particular da atención primaria de saúde, formándoa máis e dotándoa convenientemente para que puidera detectar o risco tempranamente nas persoas que asisten aos centros de saúde. E falaba do reforzamento en xeral das medidas de protección social.


Vides denunciando un aumento do número de suicidios dende que comezou a crise. Aínda non hai datos de 2015, pero curiosamente vós augurades un descenso. ¿A qué pode deberse?


Son hipóteses. Vamos a ver se non estamos ante unha baixada circunstancial. A pesar do todo, a taxa do 2015 segue estando por enriba da taxa media que precedía a este período agudo da crise que o vamos a situar a partir do ano 2011. A taxa que había entre o ano 2009 e 2011 era de 10,93 (suicidios por cada 100.000 persoas). A taxa que manexamos para o 2015 está prácticamente un punto por enriba. Claro, é moi chamativo porque no ano 2014 estábase nuns niveles elevadísimos, se alcanzara o punto máis alto no reconto de suicidios con esa cifra de 394 que significaba respecto á taxa media situarse catro puntos por riba. Catro persoas máis por cada 100.000 habitantes.


Poden ser varios factores. Quizais o embate máis duro da crise xa fixo boa parte do dano. Hai un primer período que ten que ver cos desafiuzamentos. Con ese incremento velocísimo do paro, coas presións bancarias, con todo o ambiente social, con todo o proceso de culpabilización que se lle fixo á sociedade no seu conxunto, cando se decía aquelo de que alargáramos o brazo máis que a manga. A sociedade foi modificando primeiro a vivencia que tivo da participación na crise na que está. Foi reclamando aos gobernos a responsabilidade e foi establecendo responsabilidades nas accións ou nas pasividades dos gobernos ata agora. Foi construíndo un momento que se vive como máis esperanzador. A presión sobre os desafiuzamentos reduciuse e sobre a débeda bancaria tamén. Eu creo que hai moito dano que xa está causado, que xa non ten remedio. Espero que a partir de agora se vaia reducindo esta taxa. Aínda así, os plans de prevención son independientes desta cuestión, porque calquera cifra de suicidio evitable é unha cifra que temos que considerar esaxerada.


¿Qué opinión che merece a tendencia existente nos medios de comunicación a non informar sobre os suicidios?


Ímolo plantexar como algo radicalmente incorrecto. Non o decimos nós, o di a OMS que chama á necesidade de facer visible esta cuestión para que a sociedade poda comezar a actuar contra ela. O suicidio ten o tabú do suicidio estigma, a vergoña, o ocultamento que se realiza polas persoas vencelladas a alguén que morreu por suicidio, as causas que orixinaro esto, as formas que hai de informar periodísticamente… Eu recordo no suicidio recente dunha persoa moi significativa, que ao longo dunha mañá nunha web pasouse a falar dunha precipitación a unha morte no domicilio, pasando por unha caída. Hai unha fonda raíz cultural, é un tabú social. Os medios de comunicación compórtanse conforme a ese tabú. O que ocorre é que os medios de comunicación teñen unha trascendencia especial en modificar precisamente ese tabú para poder facelo manexable. 


As cuestións tabú coas que se vive, que xeralmente crean moito sufrimento, para ser modificadas precisan salir dese estatus. Poder empezar a falar delas entre a xente, entón é cando unha comeza a descubrir cousas impresionantes. Tantísimas persoas coñecen ou están relacionadas con persoas que morreron por suicidio ou que o intentaron. A medida que se poda empezar a falar pódese empezar a prever cousas, a vivir os apoios individuais cando hai risco, poder establecer políticas públicas tamén para a súa modificación. A boas horas ía haber esta pasividade no desenvolvemento dun plan de prevención, a pesar de que foi instado polo parlamento español, polo parlamento galego, a pesar de que o di a OMS… A boas horas ía haber esta pasividade na Xunta se o tema dos suicidios non fora tabú. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE