#Claves de la semana

​Almuíña: O CHUVI é “un complexo maduro, estaremos ao 100% nun ano”

Respeta a manifestación convocada para o 12 de maio, pero pide que ao día seguinte os asistentes “nos boten unha man” para “transmitir donde están as deficiencias para poder solventalas”


|


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, defendeu este venres en Vigo as "melloras" que trouxo consigo o proceso de reconfiguración da área sanitaria viguesa, que tivo como maior protagonista o traslado de gran parte dos servizos ao novo hospital Álvaro Cunqueiro. Un traslado que recoñece foi “difícil”, pero que considera “non se fixo mal” tendo en conta as dificultades. Admite que a día de hoxe segue habendo cousas nas que “temos que mellorar”, pero considera que o novo CHUVI xa é un “complexo maduro” e calcula que “estaremos ao 100% nun ano”.


Preguntado por Galiciapress sobre a manifestación convocada para o vindeiro xoves 12 de maio pola Xunta de Persoal do CHUVI e por SOS Sanidade Pública, Almuíña respetou a súa lexitimidade. Pero sinalou que o máis importante para el é que profesionais e cidadáns se impliquen na optimización da área sanitaria, “que cada persoa da área colabore” e que ao día seguinte da manifestación todos boten unha man para “transmitir onde están as deficiencias para poder solventalas”.


Porque en xeral, considera que a apertura do Álvaro Cunqueiro ten producido avances "tanxibles internamente dende o primeiro momento". Fala de “melloras na hospitalización”, cun porcentaxe de habitacións individuais “do 70%” que ademais “se poden duplicar” ante necesidades puntais. Tamén falou de “melloras dotacionais e tecnolóxicas” e das vantaxes que supuxo a concentración de recursos, eliminando “a sectorialización da población” e a “duplicidade de recursos”.


Como exemplo do bo funcionamento do sistema citou o tráxico accidente da Guarda, que rematou coa vida dun ciclista e provocou 7 feridos, que foron acollidos e tratados polo hospital Cunqueiro e por Povisa, un centro privado que puxo en valor en varias ocasións durante a súa longa intervención como ponente no Fórum Europa, organizado por Nueva Economía no vigués Pazo dos Escudos.


Tamén puxo en valor o conselleiro as melloras que se levaron a cabo en Vigo e en Galicia dende o traspaso das competencias en sanidade dende o Insalud hai 25 anos, durante os que segundo dixo se ten mellorado claramente as prestacións sanitarias na nosa comunidade.


“O CAMIÑAR NON ESTÁ MAL”


Outra das apostas que fixo o conselleiro durante a súa intervención foi pola medicina preventiva, promovendo hábitos saudables como a dieta e o exercicio.


De feito, aproveitou esta recomendación para atallar unha pregunta sobre o tempo de consultas que perde o persoal nos seus desprazamentos polos longos pasillos do Álvaro Cunqueiro.


Almuíña deixou claro que “acortar os metros do Hospital” é algo que non pode facer, argumentando que “o camiñar non está mal” e asegurando que é algo positivo dispor de espazo para desenvolver novas áreas que sexan precisas para mellorar a atención sanitaria.


Ademais, asegura que a meirande parte dos sanitarios exercen a súa labor nunha zona concreta do hospital, polo que non ten que perder demasiado tempo nestes desprazamentos. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE